viernes, 1 de junio de 2012

Vindaloo Rockets - Diggin your grave (2011)


  1. Diggin your Grave
  2. Stop and feel teh music
  3. I sent my love
  4. I don´t need anybody
  5. I only want R´n´R
  6. Nobody knows you
  7. Something unreal
  8. Red lips
  9. Love ain´t mercy
  10. So long
  11. Too much Booze
  12. Not to try
Titulo: Diggin your grave
Autor: Vindaloo Rockets
Ano: 2011
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 54,3 Mb

Vindaloo Rockets comeza como banda en 2007, na cidade de Vigo formada por Oscar vocalista e guitarra, David guitarra, Sony á batería e Gabi no baixo.
A banda naceu polas ganas dos componentes de facer unha banda de rock potente, coa intención de componer temas, dar concertos, gravar discos e pasalo ben en todos os aspectos. O estilo, segundo as críticas, encadran á banda dentro da escea punk-rock, recordando tamén ao “son escandinavo”.
Vindaloo preséntanos o que é o seu primeiro disco autoproducido: Diggin’ you Grave.

Membros:
Oscar:  guitarra
David: guitarra
Sony: batería
Gabi: baixo

jueves, 24 de mayo de 2012

Terbutalina - Hostias para todos (2012)


  1. O teu corpo pide jerra
  2. Xira Funeraria
  3. Asi nos vai
  4. Piccolo (vas de verde)
  5. Eu mato por ti
  6. Suisidarse
  7. Non sei que
Titulo: Hostias para todos
Autor: Terbutalina
Ano: 2012
Estilo: Punk
EP/LP: EP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 22 Mb

Hostias para todos é o novo traballo da Terbutalina. Gravouse a comezos do 2012 en Portugal en cuestión dunhas horas e reflicte o son do grupo: sinxelo e sucio. É, tamén, o primeiro traballo da Terbutalina coa súa actual formación, de cinco membros. As composicións continúan na liña do gastropunk amosado no Broncodilatador, o seu primeiro LP.

O que é non ter vergoña…

 Terbutalina
A Terbutalina nace no incentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiante e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de garaxe, o punk e outros sons.
En 2011 lanzan o seu traballo de presentación Live in Catoria que recolle 8 temas dun concerto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabeza).
Meses despois viaxan até L.A. para gravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador. Un disco con 15 racións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia á luz (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado Que-de-leite! con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarga.
Os 15 temas do Broncodilatador son unha pequena mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos diferentes concertos que teñen ofrecido ao longo da xeografía galega, nos que mesturan diversión, velocidade e empanada.
Na primavera de 2012 ve a luz un novo EP gravado en Portugal baixo o título Hostias para todos. Este traballo contén sete temas directos e sucios nos que mesturan estilos, sachadas á altura dos xeonllos e cabezadas na nuca. O sexto corte do disco, “Suisidarse”, conta tamén cun videoclip dirixido por  Lucas Nadal(director de vídeos para grupos como Ataque Escampe ou Samesugas).
Ademais deste lanzamento, tamén colaboran cun tema no recopilatorio Galician Bizarre II, que recolle cancións de até 18 bandas.
E despois? Pois non parar de tocar, que para apalancarse hai tempo a jodelo.
Bailen, hostia! Bailen!

Membros

Migui: guitarra e voz
Mon: guitarra e coros
Samuel L. París: baixo e coros
Brais: teclado e coros
Carlos: batería

 Sites
BandCamp: http://terbutalina.bandcamp.com/
Blog: http://terbutalina.blogaliza.org/
Facebook: http://www.facebook.com/terbutalina
Twitter: http://twitter.com/Terbutalina
MySpace: http://www.myspace.com/terbutalina

Contacto e contratación
Contratación: 627 252 898

lunes, 14 de mayo de 2012

Doctor Migraña - Doctor Migraña (2012)


Doctor Migraña - Doctor Migraña (2012).rar

1. Resaka Blues 
2. Tus Morros
3. Lobisome
4. Bad Things
5. A Todo Gas
6. Apaguen las luces

Titulo: Doctor Migraña
Autor: Doctor Migraña
Ano: 2012
Estilo: Pop
EP/LP: EP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 39 Mb

Despois dunha noite tola, ven unha mañá de loucura. Xa o dicía a miña nai:
- Hoxe non é onte, eh, meu fillo!

Unha mañá de Resaka, con "K", despois de abrir un ollo e despegar os beizos, os meus dedos deslizáronse por Flaca, a miña guitarra, intentando atopar algo para afastar esa terríbel xaqueca, ...., e que saíu?, Pois unha oda á resaca en clave de blues: Resaka Blues, o primeiro tema de Dr. Migraña.

Quasi-orgullo de tal composición, decidín colgala en internet. Para isto tiven que buscar un nome, mellor un pseudónimo, un álter ego, unha personaxe, algo que nunca serei... DOCTOR, pero que teña que ver comigo... MIGRAÑA. Así naceu: DOCTOR MIGRAÑA.

lunes, 7 de mayo de 2012

Nhió! - Nhió! (2012)


  1. Espertando
  2. Cliente habitual
  3. Ti si que sabes
  4. A Senrazon  
Titulo: Nhió!
Autor: Nhió!
Ano: 2012
Estilo: Punk
EP/LP: EP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 13,8 Mb 

Nhió! xurde das cinzas de Retobato, que morreu ó marchar Óscar, batería e parte fundamental do grupo. Nese momento (outono 2008) decidimos seguir, o resto de nós, cun proxecto novo no que partiríamos de cero, facendo temas novos… e a ver que pasaba.

   Nun primeiro momento non atopamos nengún batería e ponse a tocala Pablo (voz), cousa que xa fixera no proxecto anterior a Retobato (Malos Trat...os), pero a cousa sen el na voz  non marcha ben, e seguimos buscando, e provando a varios ata que damos con outro Óscar, a principios do vrao do 2010, que se empata deseguida e xa a cousa comeza a caminhar có paso firme que nos marca unha boa bataca... A estrea ao vivo foi no 'C.S.O. A Casa da Estación'  o 25 de septembro de 2010.
   A música que facemos agora segue a ser punk, pero xa un punk bastante máis rockero…ou iso nos soa, xa se verá o que opina o persoal que nos disfrute/sufra.

   Case todo o que tocamos son temas nosos, nos que as verbas son en galego. Tamén temos algunha versión adaptada como o tema “As Encovas” de Fuxan Os Ventos, ou o “I Don’t Wanna Grow Up” que traducimos e agora chámase “Eu non quero medrar”, e algunhas versións nas que somos máis fieis ás orixinais.
Contacto: 


viernes, 27 de abril de 2012

Stay Pretty - Stay Pretty (2003)


  1.  Unusual
  2. She Comes
  3. Overture in Pt-18
  4. Invitation
  5. Fine Girl
  6. Grey Sky
  7. Better day 
  8. See the light (the best of the west)
  9. Selene 
  10. Like a mouse
  11. The Crypt
  12. While
  13. Scalextric
  14. Ottawa callin´pekin 
Titulo: Stay Pretty
Autor: Stay Pretty
Ano: 2003
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 320 Kbps
Tamaño Arquivo: 31,5 Mb

 Rock'n'roll que emana dende o corazón, e mesmo dende máis abaixo. Apaixoados, enérxicos e divertidos. Son a reincención do Power Trio. Son o grupo que sempre quixeches e que nunca te atreviches a montar. Son Stay Pretty.

Tomando influencias moi diversas como Dr Feelgood, Jimi Hendrix, The Who, Jon Spencer, Deep Purple e The Stooges, conseguiron construír un estilo moi persoal, ás veces clasificado como rock multifuncional, pero as etiquetas non poden establecer estilo preciso no que visceralidade e a contundencia se xuntan a un certo sentido anárquico e libre para interpretar o rock.

Formada a banda a mediados do 00 en Compostela, comezan a tocar o seu propio material dende a súa creación, aproveitando a vea compositora de Javi, guitarrista e cantante prolífico, pasando algunha versión do clásico R & B e pop para o seu guitarreo caleidoscópico. Con Carlos (baterista esencial) e Roi (o último en chegar) no baixo. comezan a tocar en case todos os locais da cidade e gravan unha maqueta que fai espertar filias e fobias. Isto lles permite proxectarse cara fóra do ambiente local e ter a oportunidade de participar no concurso para novos talentos de Vilagarcía, levándose o premio gordo, e co cal, financian o seu primeiro e homónimo disco, gravado nos estudos Fábrica de Luz de  Compostela.

No disco continúan co seu son cru, ampliando o seu espectro musical e incluíndo cortes que van dende o garaxe ao "noise", pasando polo funky ou medios tempos máis intimistas. Na gravación participan músicos coma Piti Sanz, Sandra Camalea ou Jose Deus.


Stay Pretty son:  
Javi  - Guitarra e Voz
Roi  - Baixo
Carlos - Bateria

jueves, 19 de abril de 2012

Monstruo - Monstruo (2012)


Monstruo - Monstruo (2012).rar
  1. Bushido (polo)
  2. Ley de dependencia
  3. Una fiesta
  4. Implosion
  5. Chick-a-boom
  6. Ballet mecainico
  7. Capeon

Titulo: Monstruo
Autor: Monstruo
Ano: 2012
Estilo: Rock
EP/LP: EP
Audio: Kbps
Tamaño Arquivo: Mb

Monstruo. Necesitamos cuestionar a pé. Microorganismos, que seos xuntos como estándar de calidade, porque somos unha non-acción. Para facilitar o estado necesario para que, un de nós. Monstruo: o noso traballo é andar, dispoñíbeis a través da absorción de cada banco pel 240 fan uso de laxantes. Vostede conta sector de contención. Nós caracterizar feces. Nos ofrece máis nutrientes de calidade adecuada, o que Monstruo e son en total. A alta especial xa absorbido microorganismos. A ferramenta, os clientes. Crecemento cada 24 horas de servizo alcanzada fortes calidades escuras. Monstruo, feces, contención dispoñíbeis en conxunto e ictericia. Tonalidades: centos. Alimentos, non sólidos. A continuación, as empresas que lidan compromiso útil para os residuos produtivos! 24 horas de forte calidade, variedade e lactación segue alto. Monster. O mercado de substancias e os seres humanos ocupan. Continuación de nutrientes líquidos, proporcionar restos pegajoso do bonos pegajoso. Substancia cor-de asesoramento de emprego a través Monster. Nós Concedemos a situación green card ou os días seguintes. Ofrecemos subministración de fibras continuas, algunhas inmediatamente, el vive para resolver. Isto fai que cada acción pegajosa. E necesidade do proceso, o aparello agarda que Monstruo. Que a responsabilidade necesaria chamada de Mecônio. Outros produtivo, el testemuños. A sustancia situación de xeito a el e el e un la la, la la la la. Outros microorganismos que a nai de eliminar. Monster para o que o servizo derramado para evitar altas. A alegría de médico bebés é bo. Por distinguíndose a de contención de outros, damos o medicamento-deposición de ser produto atópase co residuos de substancias, ictericia ... El e outros. Nós derramado, Manuel. Cada epitelio materia escura, laxante! Monstruo: idiota valente.

lunes, 9 de abril de 2012

A Cona Ye Ye - A Cona yeye (2010)


  1. .
  2. Atapuerca
  3. Dende o rencor
  4. Helio
  5. Lobo de mar
  6. .
  7. Milagros!
  8. Kampuchea
  9. Hirsutofilia
  10. .
Titulo: A Cona yeye
Autor: A Cona Ye Ye
Ano: 2010
Estilo: Rock
EP/LP: LP
Audio: 192 Kbps
Tamaño Arquivo: 30,7 Mb

A Cona Ye-yé nace en Ordes no 2009, xurdindo dos desperdicios tóxicos de grupos como Chícharo Psicótico, Os Gin-Tonics, aMacheta ou 5 talegos.

As variopintas influencias iniciais da Cona foron grupos como os Stones, GrandFunk, Public Enemy, Love, Pantera, a Creedence, Mötley Crüe, La Trapera ou Kiss, só por dicir uns poucos, pero sempre acentuando, tanto nos ensaios como nos concertos, a faceta teatral de grupos como a Alice Cooper Band, New York Dolls, os Doors ou os Stooges.


A Cona son:

Siño e Calvo: Voces

Santonio: Guitarras

Toño “Killer” Teiga: Baixo

Peri Lee: Batería


Contacto:

630 16 71 54

625 45 93 04